A chegada da aplicación oficial de Google Docs foi unha gran nova para moitas e moitos de nós, que empregamos todos os diferentes servizos que Google ofrece na nosa vida cotidiana.
Sen embargo esta tiña un pequeno defecto, e é que non contaba con versión adaptada ás tablets Honeycomb. Por iso o equipo de traballo de Google esforzouse para dar unha solución a este problema coa actualización que vén de recibir a aplicación.
Así, os usuarios de Google Docs en tablets con Honeycomb poderán gozar agora dunha versión totalmente redesañada que aproveita moito máis o tamaño da pantalla. Tamén se actualiza a versión para smartphones, con pequenos cambios.
Se non se vos actualizou por si mesma, acudide ao Market a comprobar as actualizacións pendentes de instalar. E se non a tedes sempre é un bo momento para comezar a usala. Podédela atopar aquí.