HTC Explorer, outro Android para todos os petos

Cada día son máis os fabricantes que distinguen dúas gamas nos seus terminais Android (tablets á parte): unha gama económica, orientada a o público que non quere gastar moito (ou nada cos plans de subvención) non seus terminais, e outra na que sitúan os terminais con carcterísticas máis avanzadas.


Se por algo se caracteriza HTC é por dispor de ambas gamas, mais cun amplo abano de dispositivos diferentes en ambas, para poder elixir. Hoxe imos falarvos do HTC Explorer, unha das últimas incorporacións á súa gama.
Trátase dun terminal con Android Gingerbread (2.3.5), unha das últimas versións do sistema operativo de Google (a 2.3.6 só está polo de agora no Nexus One e Nexus S), e está dispoñíbel nun amplo abano de chamativas cores.
Do resto de características podemos dicir que a súa pantalla é capacitiva, de 3,2 polgadas, e conta cun procesador de 600 MHz. Só dispón de cámara traseira de 3 MP e 512 MB de memoria.
Agárdase que non tarde moito en estar dispoñíbel no noso país e en canto a prezos rondará os 200 € (libre).

Sobre o autor

Reply