Google e Samsung pospoñen a presentación do Nexus Prime e Ice Cream Sandwich

Actualización: Segundo se comenta, xa podería haber nova cita para o esperado evento de Google e Samsung: 27 de outubro, así como tamén novo lugar: Londres.

Malas novas. Certas informacións apuntan a que Samsung e Google están enviando un escueto comunicado no que anuncian que retrasan o Unpacked no que tiñan previso presentar “algo grande”, a todas luces o Nexus Prime e Ice Cream Sandwich.

Samsung e Google decidimos pospoñer o anuncio dos novos produtos na CTIA de outono. Cremos que non é o mellor momento para anunciar un novo produto. En breve anunciaremos a nova data e lugar”.

O que non sabemos son as razóns que levaron a estas compañías a tomar a decisión. Sexa como fór, isto non fai máis que facer medrar as ganas de ver o novo Nexus e a nova versión de Android.

Sobre o autor

Reply