HiDrive Free: 5 GB de almacenaxe en liña e de balde e para todos

STRATO, un dos principais proveedores europeos de aloxamento web, tras presentar o seu novo servizo gratuíto de almacenaxe na nube HiDrive Free, que ofrece até 5 GB de espazo gratuíto, anunciou durante a celebración de SIMO Network 2011 novas funcionalidades para facelo máis accesíbel dende case todos os dispositivos móbiles e incrementar así a súa usabilidade.

Ademais, con HiDrive Free os usuarios poden facer unha copia de seguridade dos seus datos nunha unidade central e acceder a ela dende calquera lugar no que se atopen.

Alén das contas gratuítas, HiDrive permítenos contratar espazo extra, con plans de 100 GB por 9,90 €/mes ou 500 por 29,90 €/mes. Pero o mellor de todo é que en calquera das modalidades non se inclúe publicidade, polo que se pode usar sen esas molestias.

Abrir unha conta en HiDrive Free é tan doado como acceder ao web www.free-hidrive.com indicando o nome de usuario, un enderezo electrónico e un contrasinal.


A aplicación compleméntase cunha aplicación Android, gratuíta e dispoñíbel no Market para todos os androides, que nos permite levar a cabo unha chea de opcións relacionadas cos nosos arquivos como por exemplo:
  • Acceso aos noso arquivos e descarga mediante conexión cifrada.
  • Reprodución de arquivos multimedia en streaming.
  • Envío de “adxuntos” a correo electrónico de até 25 MB

Sobre o autor

Reply