GetJar: outro Market alternativo para o noso Android

Seguimos a falar de Markets alternativos, hoxe descubríndovos GetJar, unha tenda na que podemos atopar aplicacións para os sistemas operativos móbiles máis comúns: Android, BlackBerrry, Symbian, Java, Palm, Windows Mobile, …
Está organizado en categorías e o funcionamento é similar a outras App Stores. Tamén dispón dun sistema de puntuación e de comentarios por parte dos usuarios que nos fai máis sinxelo o tomar unha decisión sobre que aplicación instalar.
Unha característica que fai moi interesante (e distinto) a este Market é que ofrece semanalmente aplicacións de pago de forma gratuíta (e legal). Se entramos na opción APLICACIÓNS do menú principal, disporemos dun submenú chamado GOLD onde podemos acceder a esta funcionalidade.
Boa caza!

Sobre o autor

Reply