Segue o Unpacked de Samsung e Google desde o teu Android coa aplicación oficial

[Actualización]: Tal e como comenta Jacobo nos comentarios, as aplicacións non estan dispoñíbeis neste momento. Supomos que volverán abrir o acceso máis preto da data.

Xa pouco queda para o Samsung Unpacked conxunto con Google. o vindeiro xoves día 27 temos unha cita en Londres, na que só sabemos que se vai presentar “algo grande”.

Se non queredes perder detalle da cita debedes descargar a aplicación oficial creada por Samsung, que permite non só seguir en vivo a cita senón tamén ver un histórico de “Unpacked’s”, información adicional cando se presente e outra información que aos que non asistimos non nos interesa (como chegar).
Está dispoñíbel en tres versións, segundo sexa para smartphones, tablets non Honeycomb e tablets con Honeycomb. Así que en base a iso, escollede a vosa:
  • Smartphone
  • Tablets non Honeycomb
  • Tablets Honeycomb

Sobre o autor

2 Comments

  1. Jacobo 9 Outubro, 2011 Responder
  2. iago varela 9 Outubro, 2011 Responder

Reply

Deixa una resposta a iago varela Cancelar a resposta