Parece que pouco queda por inventar para os nosos smartphones, xa que cada día son capaces de facer máis e máis cousas. Un bo exemplo é iOnRoad, unha aplicación que emprega a realidade aumentada para axudarnos na condución.
Polo de agora non se atopa no Market, xa que está en fase beta, e se queremos descargala temos que ir á páxina oficial, na que tamén se indican os modelos compatíbeis. Polo de agora a descarga é gratuíta pero aseguran que cando estea dispoñíbel será de pagamento, así que se estades interesados nela, apurade.