TripAdvisor lanza 20 guías de cidades gratuítas en Android

Se sodes dos que vos gusta viaxar, estades de sorte, xa que o portal de viaxes e opinión TripAdvisor acaba de lanzar 20 guías de cidades para os nosos Android, todas elas gratuítas.
Como é de agardar nunha guía de viaxes, inclúen infomación de atraccións turísticas, restaurantes e hoteis, mais tamén milleiros de opinións dos usuarios do portal.
Outra vantaxe destas guías é que funcionan sen necesidade de conexión a Internet, polo que poden resultar un complemento perfecto cando viaxamos ao extranxeiro, evitando os gastos de roaming.
Polo de agora, as cidades incluídas son: Amsterdam, Barcelona, Beijing, Berlín, Boston, Chicago, Florencia, Hong Kong, Hawai, Las Vegas, Londres, Los Ángeles, Nova Iorque, Orlando, París, Roma, San Francisco, Sidney, Tokio e Washington.
Podedes atopar as diferentes aplicacións (unha por cidade) no Android Market. Precisaredes contar con Android 2.1 ou superior.

Sobre o autor

Reply