Non hai moito anunciamos a dispoñibilidade de Viber, unha aplicación de chamadas sobre voIP que, como tal, permite aforrarnos uns euros en chamadas se falamos cos nosos contactos empregando a rede de datos.
O éxito da aplicación fixo que dende Viber se puxeran mans á obra para mellorala e facela moito máis completa. Entre eses cambios destacan os que seguen:
- A posibilidade de enviar a nosa ubicación nas mensaxes que compartimos cos nosos contactos.
- Melloras na calidade de voz.
- Envío de fotografías.
- Engádese o aviso de que están a escribir.
Ademais, como é habitual nas actualizacións deste tipo de aplicacións, corríxense varios bugs.
Podedes baixar a aplicación desde o Android Market para versións 2.0 e superior