Movistar vén de lanzar o seu propio xestor de aplicacións para móbiles, Mi Mstore. Trátase dun servizo que almacena o perfil do usuario na nube, o que lle permite acceder ás aplicacións descargadas desde a tenda de aplicacións móbiles de Movistar converténdose no verdadeiro propietario das súas aplicacións e contidos móbiles.
Todos os clientes da operadora poderán aceder a ela desde calquera lugar tanto co seu smartphone como coa súa tablet a través do web http://emocion.movistar.es/mstore/, compatíbel con dispositivos Android, Java ou Symbian.
‘Mi Mstore’ utiliza un motor de recomendación que permite ao usuario atopar o que quere dunha maneira sinxela, rápida e intuitiva, respondendo sempre aos seus intereses e gustos de forma individual e en todos os seus dispositivos.