Un novo Android desembarca en Vodafone: Optimus Sol

Vodafone segue aumentando o número de terminais Android do seu catálogo cun novo dispositivo en exclusiva, o Optimus Sol, fabricado por LG.
Trátase dun terminal que destaca sobre todo pola súa brillante pantalla  (como o Optimus Black) e por unha batería que aseguran dura máis do habitual (até un 20 ou 30%). Vén equipado con Android 2.3 (Gingerbread) e cun grosor de 9,8 mm e 107 gramos, o Optimus Sol conta cunha pantalla de 3,8 polgadas e procesador de 1 GHz.
Ademais de todo o citado, dispón de 412 MB de RAM, 2 GB de ROM e 2 GB en microSD incluída (ampliábel até 32 GB)
En canto a prezos, Vodafone comercialízao para particulares dende 0 € coa tarifa @S (29,9 €/mes).

Sobre o autor

Reply