SlidePad, toda unha gama de tablets low cost Android

Como xa temos comentado, existen varias opcións á hora de coller unha tablet con Android: podemos irnos ás gamas máis altas, con dispositivos potentes e que permiten facer de todo a outros máis modestos pero suficientes para usuarios que non queren gastar moito e non van facer un uso que vaia máis aló de usalo como ferramenta de lectura, navegación e consulta de redes sociais.

A este segundo abano pertence a gama SlidePad de MemUP, que conta con 3 dispositivos de 7, 8 e 10.1 polgadas respectivamente, todos eles correndo Android 2.2 (Froyo).

Así, o SlidePad 101 series conta con pantalla táctil capacitiva de 10,1 polgadas, procesador de 1 GHz e conectividade WiFi. A súa memoria interna é de 8 GB e conta con 512 MB de memoria RAM.

Pola súa banda, o SlidePad 800 series ten pantalla de 8 polgadas, aínda que neste caso resistiva. O seu procesador tamén é de 1 GHz e a memoria interna de 8 GB, conservando os 512 MB de RAM e a conectividade WiFi.

Finalmente, o SlidePad 700 series xa conta con características máis modestas. Alén das súas 7 polgadas resistivas, a súa capacidade interna redúcese até os 4 GB e a memoria RAM a 256 MB. O mesmo que os outros, vén con conectividade só WiFi.

Máis info: 101, 800, 700

Sobre o autor

Reply