[Actualización]: Acaban de facer privado o vídeo, en canto teñamos acceso de novo a el poñerémolo de novo.
Para os máis impacientes… se cunha imaxe non era abondo, aquí vos deixamos un suposto vídeo dun hands on, no que non só se ve o novo Galaxy Nexus, senón que ademais se pode ver algunha das características de Ice Cream Sandwich. Iso si, a calidade do vídeo non é gran cousa, pero para abrir boca vainos valendo.
Esperemos que Google e Samsung fagan públicos vídeos de calidade durante a keynote para que poidamos ver todo moito máis claro