Samsung filtra a primeira imaxe clara do novo Nexus: Galaxy Nexus

Pouco houbo que esperar… a 2h30min de que se presente o novo terminal de Samsung e Google, na web do fabricante xa se pode ver unha imaxe bastante nítida do mesmo. Ademais, descúbrese un dos enigmas, o nome final que se confirma como Galaxy Nexus.
Polo que si que haberá que agardar é polas súas especificacións e polas novidades de Ice Cream Sandwich. Seguirémosvos informando

Sobre o autor

Reply