Google Maps actualízase, agora con soporte NFC

Mais unha vez temos novidades en Google Maps, unha das mellores aplicacións para Android. Desta vez non atoparemos grandes cambios estéticos nin novas funcionalidades, pero non por ilo deixa de resultar interesante.

A nova versión reduce o seu tamaño grazas a que dispón de varias versións, polo que unha vez que executemos a instalación automaticamente faráoo a que sexa óptima para a resolución do noso terminal.

Ademais engádese a funcionalidade comunicación a través de NFC, que será de utilidade nos terminais que dispoñan deste tipo de chip de contacto.

Podedes atopar esta actualización no Market do voso terminal ou na versión web.

Sobre o autor

Reply