De seguro que a meirande parte de nós se tivéramos un Samsung Galaxy S II e un iPhone 4S non se nos pasaría pola cabeza deixalos caer repetidamente para ver quen atura mellor os golpes. Pero hai xente para todo, como demostra o seguinte vídeo.
Nel compróbase quen sofre menos danos neste caso, aínda que todo pode ser subxetivo porque todo terminal pode caer mal e escachar á primeira. De calquera xeito, xulgade vós mesmos