PingChat!, un completo sistema de mensaxería instantánea

Mil e unha veces temos comentado a enorme oferta en aplicacións de mensaxería instantánea para os nosos androides e hoxe imos falarvos dunha máis: PingChat!

PingChat! ten a vantaxe sobre outras aplicacións semellantes que é multiplataforma, estando presente ademais de para Android en iOS e BlackBerry (malia menos que Whatsapp, que tamén está en Nokia).
Como é habitual, permítenos enviar mensaxes de texto sen límites, manter conversas con grupos de contactos e enviar imaxes. Pero ademais tamén ofrece a posibilidade de enviar notas de voz ou vídeos.
Podedes ver como é o funcionamento no seguinte vídeo:
Se queredes descargar a aplicación, pasádevos polo Android Market para as versións 1.5 e superior.

Sobre o autor

Reply