R incorpora ao seu catálogo o Samsung Galaxy S II

A operadora galega R vén de incorporar ao seu catálogo de móbiles o que é a día de hoxe, xunto ao recén presentado Galaxy Nexus, o buque insignia dos terminais Android: o Galaxy S II de Samsung.
Trátase dun terminal que combina grandes prestacións xunto a un coidado deseño e acabado, cunhas dimensións de 125,3 x 66,1 x 8,49 mm e 117 gramos de peso.
A súa pantalla ten tecnoloxía SuperAMOLED Plus, cunha resolución de 480 x 800 e 4,3 polgadas, o que a fai óptima para disfrutar do contido multimedia, xogos ou mesmo para a lectura.
Dispón de dobre cámara, a traseira de 8 MP, flash e autoenfoque. En canto á memoria dispón de 16 GB, ampliábel a través de tarxetas microSD de até 32 GB.
Comercialízase con Gingerbread (a versión 2.3 de Android), pero Samsung xa ten confirmado que a comezos do próximo ano actualizará o terminal a Ice Cream Sandwich (4.0), algo que garante que estará á última durante moito tempo.
En definitiva, trátase dun terminal de gama alta orientado a usuarios que queren sacar todo o xogo ao seu smartphone obtendo uns resultados espectaculares de rendemento.
En canto a prezos, R comercialízao nun abano que vai desde os 0 € para contratos de 69 € de consumo mensual até os 499 € para 9 € e número novo. No seguinte cadro pódese ver unha táboa de prezos máis detallada.
Todos eles están ligados a adquirir un compromiso de permanencia de 18 meses. Ademais, se se dispón de puntos poderase adquirir o terminal en mellores condicións, algo que os clientes deben consultar no apartado correspondente.
Para máis información sobre o terminal, pódese visitar o web de R

Sobre o autor

Reply