mSpot: Música na nube

Semella que estes últimos meses véñense a confirmar como o establecemento definitivo dos servizos de almacenamento na nube nos nosos dispositivos, e as grandes empresas comezan a apostar forte por ilo.

Un dos servizos que máis partido lle está sacando é Spotify, que conta xa con máis de 10 millóns de usuarios en todo o mundo. Sen embargo, este presenta varios inconvintes. Por unha parte, o seu catálogo non é todo o extenso que desexariamos. Grupos cunha presenza máis ben pequena no mundo musical ou incluso grandes bandas como AC/DC ou The Beatles non teñen acordos coa multinacional sueca. Por outra parte, para poder escoitar todo o catálogo desde o móbil, temos dúas opcións: ou posuír unha conta premium (9,99 €/mes) ou estar conectado á mesma rede Wi-Fi que o ordenador e ter a versión de escritorio  aberta neste.


Parte destes problemas vense solucionados con mSpot. Desde a súa páxina web, podemos rexistrarnos e de forma gratuíta serannos asignados 5 Gb de almacenamento, que poderemos estender pagando unha cuota mensual. Aquí poderemos subir a música que queiramos e terémola dispoñible en calquera momento (sempre que dispoñamos de conexión á rede).


Para comezar a subir arquivos, logo de rexistrarnos, debemos instalar o programa que nos indica, e que se encargará de ter sincronizada a biblioteca do teu ordenador (ben sexa a do iTunes ou a do Windows Media Player) coa dos seus servidores.  


Desde a páxina web podemos elexir a música que queremos subir, podendo optar por cargar toda a biblioteca ou determinados artistas e/ou listas de reprodución. Outra das opcións de subida é a calidade do son, que nos da a posibilidade de escoller entre tres opcións dependendo da relación entre a calidade do son e o tamaño que ocupa.



Unha vez teñamos música subida, xa a poderemos escoitar tanto desde o navegador web como desde a aplicación para o móbil. Ao abrir a aplicación, podemos amosar só as cancións que temos na rede ou tamén as que temos no terminal.


Cando comezamos a escoitar música, o que fai a aplicación é descargar a canción e gardala nunha especie de caché, dun tamaño que podemos escoller entre as opcións, para non ter que volver descargala se a imos escoitar moitas veces.


Como reprodutor de música de seguro non é a mellor opción que nos imos atopar no Market,  xa que por exemplo, o ecualizador deixa moito que desexar. Un detalle interesante é que permite amosar a letra da canción que está soando.


O servizo é similar ao que ofrece Google Music, só que este unicamente se atopa dispoñible nos EUA.


Para descargar a aplicación, pódese facer directamente desde o Android Market. 

Sobre o autor

Reply