Continúa a saga de tablets Motorola: chegan a Xoom 2 e a Xoom 2 Media Edition

Samsung sorprendeu no seu momento coa primeira Galaxy Tab, iniciando o camiño para as tablets Android fronte o monopolio de Apple co seu iPad, pero non sería até a presentación da Xoom de Motorola cando vimos unha tablet Honeycomb, é dicir, a primeira tablet cunha versión do sistema operativo Android deseñado especificamente para tablets.

Case un ano despois chegan unhas dignas sucesoras da saga Xoom, a Xoom 2 e a Xoom 2 Media Edition, cunhas característimas moi semellantes agás no tamaño.
Ambas contan cun procesador dobre núcleo a 1,2 GHz, 1 GB de RAM e opcións de 16/32 GB en memoria interna. Tamén contan con cámaras de 5 e 1,3 MP (traseira e frontal respectivamente) e estarán dispoñíbeis en versións WiFi e WiFi+3G
As diferenzas sitúanse na pantalla, peso e autonomía, sendo na Xoom 2 10,1 polgadas, 599 gramos e 10 horas e 8,2 polgadas, 386 gramos e 6 horas na Xoom 2 Media Edition.
Sairán ao mercado con Honeycomb (3.2), pero están en lista para actualizar a Ice Cream Sandwich a comezos do ano que vén.
En canto a prezos, rondará os 400 € a versión WiFi da máis pequena.

Sobre o autor

Reply