Google Plus, Google Reader, Google Docs e Android Market actualízanse con sabor a Ice Cream Sandwich

Mentres agardamos a chegada de Ice Cream Sandwich aos nosos terminais (aos que chegue), Google vai soltando pequenas doses de xeado a través de actualizacións das aplicacións básicas de Android coa estética da nova versión.

Polo de agora esta actualización chegou ao Android Market, a Google Reader, a Google Docs e a Google Plus.

Android Market

Ademais co lavado de cara que recorda a Ice Cream Sandwich, a aplicación do Android Market tamén experimenta novidades, como a posibilidade de escoller a actualización automática de todas as aplicacións ou que esta se faga só a través de conexión por WiFi.

Esta actualización vai chegando paulativamente aos diferentes terminais, pero se non queredes agardar podedes descargala nesta ligazón

Google Reader

Pola súa banda, Google Reader tamén recibe unha actualización que mellora a visualización dos feeds que seguimos e ofrece a posibilidade de avanzar entre artigos de forma máis eficaz. Sen embargo esta actualización tamén “capa” a opción de compartir os artigos.

Podedes atopar a aplicación no Android Market

Google Docs

Google Docs actualízase para engadir unha versión mellorada en Honeycomb, con novo widget e a posibilidade de editar documentos.

Esta actualización está no Android Market.

Google Plus

Finalmente, a actualización que recibe Google Plus afecta á parte estética mais tamén á xestión de círculos, mellorando o xeito de ver o contido dos mesmos e a posibilidade de creción de novos. En Honeycomb tamén se nota a actualización na chegada dun novo widget coas últimas fotos.

Google Plus está dispoñíbel no Android Market.

Como vedes, Google quere achegar a mais ou menos todo o mundo o estilo de Ice Cream Sandwich, aínda que só sexa a través das aplicacións.

Gústavos este novo look das aplicacións?

Sobre o autor

Reply