Panasonic presenta unhas tablets (case) irrompíbeis

Está todo visto en canto a tablets? O certo é que non, e Panasonic vén de introducir un novo concepto coa súa nova serie de tablets Android, a liña Toughpad, practicamente irrompíbeis.

Trátase dunha serie de dispositivos que contan coa certificación Military Standar 810G, que garante a súa resistencia a golpes e fenómenos adversos como auga, terra, temperatura…

Como comentamos, haberá varias tablets e e varios tamaños. Polo de agora só se sabe con certeza que haberá unha de 7 polgadas (B1) e unha de 10 (A1). Desta última sábense algunhas características técnicas a maiores:
  • Android 3.2 (Honeycomb)
  • Procesador de dobre núcleo a 1,2 GHz
  • 1 GB de RAM
  • 16 GB de memoria interna ampliábeis con microSD de até 32 GB
  • Dobre cámara: 5 e 2 MP
A parte máis negativa é o prezo: 1299 $. Aínda que semelle ser realmente excesivo, hai que ter en conta a súa capacidade de usabilidade en condicións extremas, polo que pode compensar unha cousa pola outra par uso, por exemplo, en obras, ambientes militares, situacións de emerxencia…
Que vos parece a vós?

Sobre o autor

Reply