Especificacións finais da nova tablet de Asus: Transformer Prime

A finais de outubro amosámosvos una vídeo no que se puidemos intuír algunha das características da Asus Transformer Prime, a nova tablet de Asus. A día de hoxe xa estamos en disposición de dar a coñecer cales serán as especificacións finais. Preparados? Pois tomade nota do que se nos aveciña:
  • Procesador Tegra 3 (nova xeración, moito máis rápido e cun consumo moito menor).
  • Pantalla de 10,1 polgadas e 1280×800, con Gorilla Glass e gran ángulo de visión.
  • Dispoñibilidade en 32 ou 64 GB, ampliábeis por microSD noutros 32 GB.
  • 1 GB de RAM.
  • Dobre cámara: 8 MP a traseira con gravación full HD e 1,2 a dianteira
  • 12 horas de autonomía (ampliábeis en 8 máis se está conectado ao dock).
Sairá á venda con Honeycomb, pero con actualización a Ice Cream Sandwich antes de que finalice o ano. En canto a prezos, a versión de 32 GB cuestará 499 $, mentres que a de 64 Gb 599 $. Quen lle queira sumar o teclado terá que abonar 149 $ extra.
Seguro que máis de un está a facer xa a carta aos Reis Magos…

Sobre o autor

Reply