Xa temos Firefox 8 para Android

Coincidindo co lanzamento de Firefox 8 na súa versión de escritorio, desde a Fundación Mozilla tamén veñen de sacar unha nova versión do seu navegador homónimo para Android.
Aínda que o podemos usar independentemente de que usemos ou non a versión de escritorio, o certo é que o público obxetivo é o que xa usa a versión do escritorio, que son aquelas persoas que se poden beneficiar de ter unha sincronización total de historial, marcadores, contrasinais e mesmo pestanas abertas.
Polo demais, atopámonos cun navegador pensado para ser sinxelo de usar, con especial atención no autocompletado, nas búsquedas sinxelas e na personalización grazas aos complementos. Tamén dispón de pestanas e de acceso directo para compartir a través das principais redes sociais.
Como podedes imaxinar, Firefox 8 é unha aplicación gratuíta, dispoñíbel para os androides 2.0 e superior a través do Android Market.

Sobre o autor

Reply