A Galaxy Note, ese sorprendente dispositivo de Samsung que coñecemos durante o IFA e que está a medio camiño entre un smartphone e unha tablet, xa ten prezo de venta no mercado español: 729 €.
Desde logo que este prezo parécenos un tanto excesivo, xa que por aproximadamente 600 € temos as tablets e os smartphones Android de máis alta gama, así que haberá que agardar a ver con que prezos presentan a Galaxy Note os operadores (Orange e Vodafone van subvencionalo).
Que vos parece a vós? Mercaríades este dispositivo?
Non nos olvidemos de Amazon.es que xa o ten a 560 euros.
Se unha operadora o tivese a bo prezo non sería mala idea. Eso ou esperar 6 meses a que pase a vello.
Ola Anónimo, graciñas polo apuntamento.
O tema é que Amazon tráeno de Alemaña, nós limitámonos a poñer o prezo oficial para España (o PVR), pero como case sempre a tecnoloxía é moito máis barata fóra.
Hai previsión de que Orange e Vodafone dispoñan da Note no seu catálogo, así que se che interesa, permanece atento ao blogue.
saúdos