Se temos un móbil con contrato de datos é probable que nos interese esta aplicación, para non levar sorpresas ca factura ou diminución de velocidade polo esgotamento da cantidade contratada.
Para Android temos unha boa opción na última versión de Traffic Monitor, cun widget que podemos instalar no noso panel desde onde vemos os datos que se reciben e envían desde WiFi e desde conexión directa (sexa 3G ou non).
Para utilizar o monitor do tráfico, só tes que engadir o widget á pantalla de inicio, podendo acceder aos seguintes datos:
- Contador de tráfico de datos para redes wi-fi e móbil, separado por subida e descarga.
- Tráfico tethering, cando se utiliza o móbil como punto de acceso WiFi.
- Estatísticas de tráfico por aplicación.
- Estatísticas de tráfico para o día/mes actual e pasado.
- Día de inicio configurable para o período de medida mensual.
- Proba de velocidade.
- Medición da velocidade e do atraso da conexión inarámbica.
- Historial coas súas probas de velocidade xeolocalizados.
- Administrador de tarefas.
- Comprobar aplicacións en execución incl. uso da memoria.
- Pechar aplicacións con consumo de memoria / tráfico excesivo.
Ademais, a travésdo menú de opcións poderase acceder á seguinte información:
- Estado da batería (nível, voltaxe, temperatura).
- Información sobre a rede móbil e a celda (antena).
A aplicación é de balde, mesmo sen publicidade, e pódese descargar no Android Market