Desvelados todos os segredos (poucos quedaban por saber) da nova tablet de ASUS. Falamos, como non, da EEE Pad Transformer Prime, un dispositivo que volverá a revolucionar o mundo das tablets Android, como no seu momento fixo a Transformer, a súa precedesora.
O seu procesador, Tegra 3, ofrece un mellor rendemento, algo que se notará na velocidade ao correr videoxogos e na multitarefa, mais tamén nun aspecto importante: a duración da batería, xa que este novo procesador conta cunha gran eficiencia enerxética.
A nova tablet de Asus dispón cun mellor sistema de audio, SonicMaster, desenrolado integramente por Asus. Así memso, a cámara posterior que inclúe é de 8 MP, con autoenfoque, flash LED e gravación en full HD 1080. A dianteira é de 1,2 MP, máis ca suficiente para o uso que se lle adoita dar a estas cámaras, a videochamada.
En canto a deseño, a Transformer Prime ten tan só 8,3 mm de grosor e 586 gramos. A súa pantalla é Gorilla Glass (evita raiaduras) de 10.1 polgadas e conta cun ángulo de visión de 178º
Sairá ao mercado a coemzos de 2012, nun principio con Honeycomb, pero actualizábel á última versión de Android, Ice Cream Sandwich. O prezo prezo de venta recomendado de 549 €.