O Xperia Live, no catálogo de Yoigo desde 0 €

Yoigo vén de incorporar un novo terminal Android ao seu catálogo, o Sony Ericsson Xperia Live, un dispositivo de gama media orientado a un público novo que quere ter actualizadas as súas redes sociais e escoitar música. E é que o Xperia Live aposta pola tecnoloxía XLOUD que potencia o son de calidade nun dispositivo compacto.
O seu procesador está fabricado por Qualcomm e corre a 1 GHz. Conta con 512 MB de RAM, pantalla de 2,3 polgadas resistente a arañazos e dobre cámara, a traseira de 5 MP, sendo VGA a frontal.
A súa batería é de 1200 mAh, que parece suficiente para que un dispositivo con esa pantalla aguante “vivo” a mesma cantidade de tempo que outros smartphones. Poñendo en orde todas as especificacións técnicas estará Android 2.3 (Gingerbread).
En canto a prezos, Yoigo ofréceo desde 0 € para portabilidades a contrato (desde contrato) coa “Tarifa del 4”. Sairanos a 29 € coa “Tarifa del 6” ou a 119 € se escollemos a “Tarifa del 0” ou a “Tarifa del 8”.
Para novas altas, os prezos ascenden a 29 € (Tarifa del 0), 119 € (Tarifa del 6) ou 159 € (Tarifa del 0 ou Tarifa del 8).

Sobre o autor

Reply