LG Nitro. Fíltrase información dun novo terminal de LG

LG está a traballar nun novo terminal que presumibelmente non tardaría moito en chegar ao mercado estadounidense e que viría a engrosar a listaxe de supersmartphones que estamos a coñecer nos últimos tempos. O seu nome? Nitro.
Sairía ao mercado portando 2.3.3 (Gingerbread), aínda que claro está, como todos os terminais de gama alta que están a saír, será actualizábel a Ice Cream Sandwich, malia non ter polo de agora unha data aproximada para dita actualización.
En canto ás súas características técnicas estaríamos ante un dispositivo de 4,5 polgadas de pantalla e resolución HD a 1280 x 720 píxeles. O seu procesador, un Scorpion de dobre núcleo, chegaría aos 1,5 GHz.
1 GB de RAM, cámara frontal e traseira (8 MP), gravación en Full HD 1920×1080 serían outras das características filtradas.
Parace que polo de agora só estará dispoñíbel con AT&T, por 149,95 $ e permanencia de 3 anos. Chegará nalgún momento aos nosos territorios?

Sobre o autor

Reply