Gametel, o gamepad para Android

Fructel AB, unha startup sueca, anunciou o Gametel, un mando bluetooth para poder usar con aqueles teléfonos e tablets que leven Android dun xeito parecido ao do Sony-Ericsson Xperia Play.
Gametel pódese usar tanto acoplado ao móbil como por separado xa que a súa conexión é mediante bluetooth. No caso de usalo acoplado ao móbil cabe dicir que ten un soporte universal retráctil, de xeito que é compatible independientemente do tamaño, e cuberto de goma para protexer a superficie do teléfono.
Entre as especificacións que ten este dispositivo pódese destacar unha duración da batería de 9 horas de xogo ou ata 5 meses en stand by e a posibilidade de xogar en multiplayer no caso de ter dous mandos.
Gametel é compatible con dispositivos que leven a versión 2.1 de Android ou superior e, aínda que non está dispoñible, se estás interesado podes deixar o teu correo na súa web para estar atento ás novidades.
Enlaces:
Fructel AB

Sobre o autor

Reply