Malia que poida parecer que os smartphones están reservados a clientes de contrato, o certo é que de cando en vez atopamos ofertas dirixidas ao público que aposta polo cartón prepago.
Un exemplo é o Vodafone Smart, un terminal creado especificamente para clientes de tarxeta e que xa analizamos no seu momento. Mais hoxe imos falarvos dunha oferta que chega da man de Yoigo, quen decidiu incorporar un móbil Android de gama media ao seu catálogo de prepago a un prezo moi atractivo: 99 €. É o Galaxy Mini de Samsung.
O seu tamaño (60,6 x 110,4 x 12,1 mm) faino bastante compacto. Pesa 104,3 gramos e leva unha pantalla de 3,12 polgadas. A súa cámara é de 3 MP. Dispón de Android 2.2 (Froyo), memoria interna de 160 MB ampliábel con microSD’s de até 32 GB (o pack no que se comercializa xa inclúe unha tarxeta de 2 GB).
O prezo (99 €) é tanto para portabilidades como números novos, e ligados ás tarifas “La del 8” ou “La del Cero”. Para máis información, podedes pasar pola web de Yoigo.