O pasado 6 de outubro HTC sorprendeu en Londres co lanzamento do seu novo terminal HTC Sensation XL Beats Audio, un terminal que supuxo a evolución do Sensation con importantes novidades en canto a tamaño e calidade de pantalla, mais sobre todo no que ten a ver co son, ao incorporar unha nova tecnoloxía, Beats Audio, deseñada polo fabricante para sacar a máxima calidade á música.
Orange vén de confirmar no seu blogue que este terminal estará dispoñíbel no seu catálogo de móbiles subvencionados, aínda que non fala de datas nin de prezos, algo que tampouco atopamos na súa web.
O HTC Sensation XL conta cun procesador de 1,5 GHz, 16 GB de memoria interna, pantalla de 4,7 polgadas e unha cámara de 8 megapíxeles. Sae á venda con Android 2.3.5 (Gingerbread), mais recibira a súa dose de Ice Cream Sandwich o ano que vén.
Vía