Mentres Ice Cream Sandwich está a se cociñar para moitos terminais e tablets Android (para outros non vai chegar de xeito oficial, como xa vos temos comentado no blogue), podemos ir aplicándolle certas doses de actualización que lle otorgan a imaxe da nova versión de Android.
Unha delas é o teclado, que recibe un pequeno lavado de cara, pero sobre todo algo moi importante: máis precisión ao teclear. Está dispoñíbel desde xa e para todos, e para usalo non temos máis que descargar e instalar o arquivo apk que ligamos ao final do artigo.
Como cada vez que instalamos un teclado, para comezar a usalo debemos manter pulsado durante un tempo o cadro de texto até que nos apareza a opción de mudar o método de introdución de texto, onde o seleccionaremos entre todos os teclados que teñamos configurados.
Pois depende… se che gusta Swype, sigue con el. Este é un teclado normal, pero coa estética de Ice Cream Sandwich e mellorando a peecisión
saúdos
Dúbida: swype ou este novo teclado??