LG e Prada asinan un convenio de colaboración para sacar un novo terminal

O fabricante LG e a firma de moda Prada veñen de asinar un convenio de colaboración exclusivo polo cal lanzarán un terminal a comezos do ano que vén orientado aos petos máis exclusivos, e que levará por nome Prada LG 3.0.
O desarrollo deste terminal está orientado a un deseño exclusivo, como exclusiva será tamén a súa interface de usuario. Aínda que na información facilitada por LG non se menciona que vaia a levar Android como sistema operativo, o certo é que todo o traballo realizado pola compañía como a facilidade para desarrollar diferentes interfaces de usuario a partires da base do sistema operativo de Google fan pensar que será un terminal 100% Android.
Dise ademais que seguirá a liña dos outros terminais fabricados por LG para Prada, sendo o 1.0 parte da colección permanente do MoMA (o Museo de Arte Moderno de Nova Iorque). Cómpre sinalar que dito modelo foi o primeiro do mundo en contar con pantalla táctil; vexamos que sorpresas nos depara este último.
Como sempre, contarémosvolas en Mallando no Android.

Sobre o autor

Reply