Se hai uns días falamos de ConxuGalego, a aplicación para conxugar os tempos verbais na nosa lingua, agora é a quenda de DicionarioGalego, unha ferramenta que, como o seu nome indica, é un dicionario de galego.
Ao igual ca ConxuGalego, DicionarioGalego caracterízase por unha interface moi sinxela: un pequeno recadro no que introducir o termo a buscar e un botón de busca. Ademais, unha vez aberta a definición poderemos compartila a través de correo electrónico ou das principais redes sociais.
A aplicación ten un pequeno “pero”, e é que traballa coa edición de 1997 do Dicionario da Real Academia Galega, aínda que segundo comentan os desarrolladores están a traballar para introducir a versión do 2003, a última dispoñíbel. Deste xeito, atopámonos con que certas palabras como “servizo”, ou as terminacións en -bel (posíbel) danse como “non existentes”.
Malia ese pequeno matiz, resulta ser unha ferramenta bastante útil para o día a día das e dos usuarios do galego. Podedes descargar a aplicación de xeito gratuito desde o Android Market par atodos os dispostivos 2.0 e superior.
Non ma deixa instalar pese a que teño 2.3.3
A min tampouco me deixa instalar nun Motorola Defy con Gingerbread 2.3.5
Anónimo (1): Desculpa por non ter contestado antes, pensabamos que estaba respostado. Íamosche preguntar que modelo tiñas.
E xuntando con Anónimo (2) imos comentarllo aos desarrolladores para ver que pode acontecer, porque nós probamos en varios modelos e non tivemos problemas.
Graciñas a ambos polos comentarios
Boas,
son as primeiras novas que temos sobre iso. Mirarémolo. Nós probámolo nun Samsung Galaxy S, Samsung Galaxy S2, HTC Desire, HTC Hero… e nalgún máis, e todo sen problema.
Avisaremos por Twitter coas novas.
Saúdos,
…e desculpade, tentarémolo arranxar canto antes