HTC Ville: a moda dos ultraslim chega a HTC

Samsung, Motorola e Sony Ericsson andaban a ver “quen o tiña menos groso”. Falamos de terminais, obviamente. Agora a esta competición súmase HTC, de quen se soubo que anda a traballar nun terminal que rondará os 8 mm de grosor.
O HTC Ville sumarase aos supersmartphones que coñeceremos a comezos de 2012 e que contarán de serie con Ice Cream Sandwich, Android 4.0, aínda que aderezado coa capa HTC Sense 4.0.
Cámara de 8 megapíxeles, pantallón de 4,3 polgadas ou 1,5 GHz de procesador son algunhas das características filtradas. Preparádevos, isto non fixo máis que comezar.

Sobre o autor

Reply