A CRTVG estrea aplicación Android

A Compañía de Radio Televisión de Galicia vén de dar un paso máis na modernización da súa imaxe en Internet co lanzamento dunha aplicación específica para poder acceder a contidos desde o noso smartphone ou tablet Android.
Con esta aplicación poderanse seguir en directo as emisións de Galicia TVEuropa e Galicia TVAmérica, as dúas canles internacionais da Galega. Así mesmo, tamén se poden escoitar os directos das tres emisións da Radio Galega (Radio Galega, Radio Galega Música e Son Galicia Radio).
A terceira opción que permite a aplicación é acceder aos contidos dos Informativos, a través de diferentes seccións (Última hora, Deportes, Galicia, Mundo e O Tempo).
Como non podería ser doutro xeito, a aplicación é gratuíta e pódese atopar no Android Market para todos os dispositivos con Android 2.1 e superior.

Graciñas a  @SapoconchoGZ por avisarnos da existencia desta aplicación

Sobre o autor

Reply