Os posuidores do Xperia Play, metade smartphone metade consola de peto, están de noraboa, porque teñen á súa disposición a nova versión do xogo Galaxy on Fire 2 de xeito totalmente gratuíto a través do Android Market até o 1 de xaneiro. Ademais, tamén en exclusiva para os Xperias Play, poderán descargar por 3,99 € a expansión Valkyrie.
A historia de Valkyre comeza onde remata Galaxy on Fire 2 (alerta spoiler para quen non xogara Galaxy on Fire 2!): Tras a victoria das seccións aliadas sobre os tortuosos Voids, Keith T Maxwell non ten moito tempo para recuperar o aalento, senón que ten que facer fronte a outro enimigo de inmediato. Mentres que os científicos máis enxeñosos dos Terrans e os Grey exprimen os seus miolos para invetnar novos sistemas armamentísticos e hupercondutores para as seccións segredas Deep Science, a traficante de armas Alice contrata a Keith para unha serie de misións… mentres que se teixe toda unha extensa rede de intriga e enganos, nada é o que asemella ser, e a cada acción de Keith con aliados e adversarios conduce directamente a un espectáculo inesperado.
Podedes ver o trailer no seguinte vídeo: