Vodafone lanza o Galaxy Nexus en España

Vodafone volve a demostrar que a súa aposta é Android, sendo unha vez máis pioneiros en contar cos dispositivos máis punteiros. Desta vez trátase do Galaxy Nexus, o último membro da saga Nexus, do que xa vos adiantamos toda a información técnica nesta outra entrada.
Como sabedes, este terminal é o primeiro en contar con Ice Cream Sandwich, a última versión de Android, que supón ademais a converxencia dos sistemas operativos de smartphones e tablets (podedes saber todo sobre esta versión aquí).

Prezos e dispoñibilidade

O Galaxy Nexus estará dispoñíbel esta mesma semana e poderase adquirir subvencionado desde 0 € se se ten contratada a tarifa @L, de 59,90 €/mes, que inclúe 2000 minutos en horario de tarde e fin de semana, 700 en horario de mañá, 1 GB de Internet móbil e 700 sms.

Con outras tarifas máis económicas, como a @M (40 €/mes) quedaría en 49 €, mentres que coa @S, de 29,9 €/mes en 109 €.

Ademais tamén chega ao programa de puntos de Vodafone, aínda que farán falla 7000 para conseguilo de balde. Unha opción máis adsequíbel é adquirilo por 2500 puntos e 279 € ou 200 puntos e 399 €.

A exclusividade de Vodafone con este terminal rematará en marzo de 2012, sendo o seu prezo libre 680 €

Sobre o autor

Reply