AndroidLand: ábrese a primeira tenda Android en Melbourne

Algo que se bota de menos no panorama Android é a existencia de tendas específicas nas que atopar todo o que ten a ver co robotiño verde: móbiles, smartphones, accesorios…
Iso deberon pensar en Melbourne (Australia), onde os responsábeis dunha compañía telefónica decidiron abrir AndroidLand, unha tenda física que fará as delicias de todas e todos os Android fans, xa que nela se pode afondar no mundo do robotiño verde, non só desde o punto de vista de probar os terminais senón tamén de xogar ao Angry Birds ou co Google Maps a tamaño xigante.
No seguinte vídeo podemos ver un pouco que pinta ten o establecemento:

Que vos parece esta aposta? Gustaríavos que se abrise algo semellante en Galicia?

Sobre o autor

Reply