LG Optimus Net: os grandes comezan a animarse cos "dual SIM"

En España apenas se comercializan terminais “dual SIM”, dispositivos que contan cun par de espazos para poder ter insertadas 2 tarxetas SIM a un mesmo tempo (aínda que na meirande parte dos casos non se poden usar simultaneamente), algo bastante común no mercado asiático.
Agora descubrimos que existe un terminal fabricado por LG que conta con esta característica: trátase do Optimus Net, un smartphone de gama media que se vai comercializar en Rusia e que lembra ao xa coñecido Optimus One.
Ten unha pantalla de 3,2 polgadas, procesador de 800 MHz, cámara de 3,2 megapixeles e 512 MB de RAM. A súa memoria interna é bastante escasa, 150 MB, aínda que como é habitual pódese amplicar con tarxetas microSD de até 32 GB. 
O seu prezo rondará os 216 €. Gustaríavos que chegase este terminal a comercializarse en España? Interesaríamos o tema das dúas tarxetas SIM?

Sobre o autor

Reply