Carrier IQ: Un software espía nos nosos teléfonos

Carrier IQ trátase dun software descuberto por Trevor Eckhart que recopila, de forma silenciosa, moitas das accións que realizamos co noso móbil. Inda que non está moi claro como se empregan eses datos, semella que a principal finalidade desta aplicación é ofrecerlle información personalizada ao usuario e mellorar a súa experiencia no emprego do teléfono, pero violando claramente a súa privacidade, posto que nunca se dá o consentimento nin para a recopilación nin para o uso dos mesmos.
Este programa rexistra cada tecla que é pulsada, cada posición, cada sms e cada dirección á que accedemos (saltándose incluso a encriptación https), como demostrou o descubridor no seguinte vídeo:
Según a empresa californiana, o seu software atópase instalado en máis de 141 millóns de dispositivos. Se temos curiosidade por saber se o noso é un deles, debemos telo rooteado e instalar logo unha aplicación desarrollada polo propio T. Eckhart.

Se, en caso de que o resultado confirme que está presente no noso teléfono, desexamos eliminala, o descubridor puxo no Market outra aplicación, que, previo pago de 0,73 € se encargará delo. Se non somos root, está dispoñible outra aplicación que nos pode decir se a temos instalada ou non, inda que non é de todo efectiva e pode dar falsos positivos ou falsos negativos.

Sobre o autor

Reply