Xa non é a primeira vez que falamos no noso blogue de Geeksphone, unha startup española que decidiu crear un terminal Android de gama media para comercializar libre e a un prezo accesíbel para todos os públicos
Entre as particularidades deste terminal destaca que xa vén rooteado de fábrica e que adoita ser dos primeiros en actualizarse, xa que emprega unha versión limpa de Android. Así, os que se están a comercializar agora veñen con Gingerbread (2.3), aínda que non se fala nada dunha hipotética actualización a Ice Cream Sandwich.
Dispón dun procesador Qualcomm MSM7627 a 600 MHz, 512 MB de ROM, 256 MB de RAM, pantalla de 3,2 polgadas e cámara de 5 MP.
Froito da campaña de nadal, desde hoxe e até o vindeiro 24 de decembro ás 12.00, poderase adquirir por 165 €, fronte os 189 habituais, a través da tenda en liña. Ademais, as primeiras 100 peticións levarán unha batería extra valorada en 15 € totalmente gratuíta.