E é que esta, ademais de conseguir bos resultados, tamén ten unha resposta rapidísima en enfoque e disparo, ofrecendo ademais multitude de opcións extra como diferentes efectos, a posibilidade de crear imaxes panorámicas sen necesidade de dispór de aplicacións de terceiros (funcionalidade que por certo xa inclúe ICS), 3D simulado, étcetera.
![]() |
Mostra de imaxe co Xperia Arc S (Zona do Seixo Branco, Oleiros, A Coruña) |
Ademais da imaxe que poñermos sobre estas liñas, podedes ver toda unha galería de imaxes tomada co terminal aquí.
Como punto negativo no que ten a ver coas cámaras dicir que non dispón de cámara frontal, nin sequera VGA, o que dificulta todo o tema das videochamadas.
No que ten a ver coa autonomía, coa súa batería de 1500 mAh e un uso certamente intensivo (con moita foto, correo electrónico, redes sociais, visualización dalgún vídeo…) remátase o día sen problemas, aínda que non se chega ao día e medio, polo que poderíamos dicir que neste sentido está algo por riba da media dos terminais deste tipo.
En definitiva, trátase dun terminal potente e do máis interesante que temos hoxe en día no mercado. Cómpre lembrar que estamos a falar dun dispositivo con procesador mononúcleo a 1,4 GHz, que nos dará moi bos resultados en multitarefa.