Transforma calquera sitio web nunha versión de só texto grazas a TextOnly

De seguro que en máis dunha ocasión desesperastes ao cargar un sitio web, ben por estar nun lugar con pouca cobertura, por ter rematado o límite mensual da tarifa de datos ou porque haxa imaxes que tardan moito en cargar. Para todos eses casos TextOnly pode ser unha solución, xa non só para os usuarios de Android senón tamén para calquera outro sistema operativo.
O menú lateral permitiranos navegar polo contido que carguemos, mentres que no panel central poderemos ver o contido, iso si, sen complementos multimedia de audio, vídeo ou imaxes: só texto.
Para usalo, dispoñemos de dúas alternativas:
  • Entrar no seu web http://www.textonly.in/.
  • Baixarnos a súa aplicación Android, que é de balde e está dispoñíbel no Android Market para todos os androides.
En calquera dos dous casos o funcionamento é o mesmo: introdúcese o enderezo que desexamos cargar e dáselle a “Go”, coa vantaxe de que se o facemos desde a aplicación será moito máis cómodo e rápido, pois funciona como un navegador.

Outra vantaxe é que reduce o consumo de datos entre un 80 e un 90% e que dispón de múltiples formas de entrada (URL, RSS; Twitter…).

Sobre o autor

Reply