Twitter actualízase cunha nova interface totalmente renovada

Onte Google Plus e Facebook. Hoxe, Twitter.
Así é, a rede de microblogging vai sufrir a segunda maior transformación de imaxe do último ano e podemos ver as novidades que se presentan no web http://fly.twitter.com, onde informan do que “hai de novo” e de que esa nova versión irá chegando pouco a pouco aos usuarios.

Iso si, no que ten a ver coa aplicación Android xa non hai que agardar: está dispoñíbel no Market a actualización. E que nos imos atopar? Pois unha interface totalmente renovada:
A aplicación divídese en 4 pestanas: Inicio, Conecta, Descubre e Conta.
Na primeira, Inicio, está o noso timeline, como sempre, iso si, primando o nome completo fronte o nome de usuario. En Conecta descubriremos as mencións e outras interaccións, como RT’s que nos fixeron ou aqueles tweets que alguén marcou como favorito. Descubre é o espazo para os trending topics, recomendacións de a quen seguir e finalmente Conta é o espazo onde achamos todo o que precisamos sobre a nosa conta.
Cambia tamén a estética á hora de redactar un tweet, moito máis visual, e as opcións de suba de fotografía, incluíndose Twitter entre as alternativas.
Desde logo esta renovación é moi importante. Que vos parece a vós? Gústavos máis esta ou preferíades a anterior?

Sobre o autor

Reply