Pon a (completar aquí) mirando "pa Cuenca" con iCuenca

Como sabedes, algún que outro sábado falamos dalgunha aplicación de dubidosa efectividade ou de contido humorístico, como podedes ver nesta sección

Hoxe queremos falarvos de iCuenca, unha aplicación que consigue facer realidade aquilo de “poñer a alguén mirando a Cuenca”, xa que emprega a brúxula e o GPS para orientar o noso terminal (e por conseguinte, ter idea de para onde cae) cara Cuenca. Logo o uso que lle queira dar cada un ou cada unha xa é cousa súa…
E que pasa se estades en Cuenca? Pois obviamente non podedes poñervos mirando para Cuenca, así que a aplicación permite configurar outras localidades, vamos, que está todo pensado.
Podedes botarlle un ollo no Android Market.

Sobre o autor

Reply