O novo de Google: Schemer (e regalamos convites)

Fáltanche ideas de que facer? Pois pode que o novo servizo de Google che axude con iso. Falamos de Schemer, un motor de recomendacións nas que podemos ir poñendo cousas que queremos facer e marcalas como feitas cando xa as teñamos feitas.
O mellor de todo é a parte social de Schemer, porque o que se pretende é que entre os teus contactos podas coller inspiración sobre cousas que facer.

Polo de agora só está dispoñíbel mediante convite que debedes solicitar en http://www.schemer.com ou… se non queredes agardar, seguir a ligazón que vos damos ao final do artigo 🙂

Como podedes imaxinar, existe aplicación para Android, aínda que polo de agora só está dispoñíbel só nos Estados Unidos, pero podedes descargar a aplicación desde aquí: ficheiro .apk (seguro) e comezala a usar desde xa mesmo.

Como dixemos, temos convites. Actívanse indo á seguinte ligazón (imprescindíbel ter Google+): http://schemer.com/invite/2uemv38j7micq No caso de que cando foses usar a ligazón non funcionase, fáinolo e intentaremos poñer novos convites.

Sobre o autor

Reply