Desarróllase en Galica unha app baseada en pictogramas para mellorar a comunicación de persoas con discapacidade

A Escola de Enxeñaría de Telecomunicación de Vigo e o Centro de Educación Especial Manuel López Navalón de Santiago de Compostela veñen de presentar un traballo conxunto chamado a mellorar a comunicación de persoas con discapacidade grazas a unha aplicación Android: PictoDroid.
Ademais, esta colaboración entre as dúas entidades tamén queda plasmada na creación de Accegal, un proxecto orientado á elaboración de solucións de accesibilidade baseadas en dispositivos móbiles e ao fronte de quen está Enrique Costa Montenegro, profesor do Grupo de Tecnoloxías da Información da EET, e Fátima García Doval, pedagoga e directora do centro educativo de Compostela.
Entre os primeiros traballos presentados está PictoDroid Lite, unha aplicación que permite aos usuarios comunicarse grazas a uns pictogramas – signos que representan esquematicamente un símbolo, obxecto real ou figura – pensados para levar a cabo accións moi concretas.
Na actualidade pódense realizar oracións iniciadas por:
  • Imos a…
  • Quero xogar a…
  • Quero ir ao baño.
  • Quero beber…
  • Quero comer…
  • Estou…
Que poderán ser rematadas cunha serie de opcións para formar a frase completa.
Todos os pictogramas poden ser modificados ou eliminados e é posíbel engadir tantos como sexa necesario para cada caso específico.Pódese descargar esta aplicación gratuitamente desde o Android Market.

Sobre o autor

Reply