Este Nadal, agasalla Android (e IV): merchandising Android

Smartphones, tablets, outros gadgets… cousas moi interesantes pero que igual xa temos ou que preferimos ir mercando segundo vaiamos rematando compromisos de permanencia con operadoras ou cando temos unha necesidade real.
Rematamos pois este especial Nadal 2011 falando de merchandising Android, xa sabedes a que nos referimos: a cousas de todo tipo coa imaxe do robotiño verde para visibilizar o noso amor polo sistema operativo de Google. Velahí van unhas ideas:

1) Zapatillas Android

Xa falamos de BrassMonki, unha tenda especializada en facer zapatillas Nike personalizadas con varios temas (series, tecnolóxicos…) pero as que a nós nos interesan neste espazo son as de Android.

Na súa tenda en liña, sección “Technology”, podemos facernos con elas por 250 libras (292 €).

2) Equipación ciclista

Coñeces a algún amante das dúas rodas? Pois se tamén é amante de Android seguramente lle gustará a equipación que vos amosamos a continuación:
Iso si, 53,11 € o maillot e 82,62 o cullote, aí é nada…

3) Camisola Android

Hai tantas e tan variadas que resulta moi complicado escoller unha. Os prezos andan arredor dos 10 €, dependendo do modelo e da tenda.
Esta atopámola na tenda de Google por 10,92 €

3) Peluche Android

Queres abrazar algo suave para durmir? Ou algo que adorne a túa habitación? Igual o que buscas é un peluche Android, unha alternativa económica… e como son tan riquiños, sempre quedarás ben 🙂
Está dispoñíbel en ThinkGeek por 9,99 $, uns 7,50 €.
4) Bonecos Android
Adicámoslle unha entrada completa a falar destes bonecos, aínda que quedou algo desactualizada coas últimas edicións especiais que se presentaron.
Existen varias tendas que comercializan estes bonecos, aínda que hai que googlear un pouco. Hainos desde menos de 5 € a outros que valen uns 80 €.
5) E máis barato?
Se aínda buscas algo máis barato estas son as alternativas que te propoñemos:
10 lápices: 14,14 €:
Bloc de notas: 1,61 €
Pegatinas: 1,15 €
E con isto rematamos a nosa listaxe de propostas Android para este Nadal. Agora só queda mirar o que temos na tarxeta do banco para poder gastar e elixir ben. Por falta de ideas, non será, non?

Sobre o autor

Reply